Ainda que o filme non se estreará até o vindeiro mes de setembro, a 20th Century Fox xa conta coa confianza necesária como para precidir que o seu filme franquía para adolescentes The Maze Runner vai ser un éxito e están a preparar polo tanto a súa secuela.
Un dos protagonistas de Teen Wolf, Dylan O’Brien, será a estrela no papel de Thomas, un rapaz que desperta sen memória e abandoado xunto a unha comunidade rapaces atrapados no interior dun enorme labirinto. Alí decáta-se de que é parte dun misterioso test e que debe forxar o seu destino uníndo-se aos “maze runners” (os corredores do labirinto), liderándo-os para acadaren a súa liberdade.
O director Wes Ball e algúns membros do reparto aparaceron no “Hall H” na recente Comic Con en San Diego para amosar o tráiler e esceas do filme. Cara á fin da presentación, Ball anunciou que o desenvolvemento do filme baseado na novela secuela de James Dashner, The Scorch Trials, xa comezara e que esperaba que a primeira parte resultase un éxito.
Após desta rolda de prensa houbo unha exhibición privada do filme ante un grupo escollido de fans, quen emitiron unhas críticas boísimas nas redes sociais.