Patrick Wilson cae-se de Ant-Man

1065

Os actores Patrick Wilson, Matt Gerald e Kevin Weisman veñen de abandoar xa oficialmente o proxecto de filme Ant-Man da Marvel.

Wilson uníu-se ao reparto en febreiro, cando Edgar Wright estaba vencellado á dirección, pero após da súa marcha no pasado mes de maio, e o conseguinte atraso na produción, semella que agora hai problemas coas axendas de traballo de vários actores.

Os outros dous protagonistas que abandoan o filme fan-no porque os seus persoaxes foron eliminados do guión orixinal de Edgar Wright e Joe Cornish, que foi reescrito por Adam McKay, Gabriel Ferrari e Andrew Barrer posteriormente.

Agárda-se que a rodaxe escomece o 18 de agosto sen mais atrancos, mália que obviamente haberá que contar cun sustituto para Wilson.