Ofrecen Skull Island a Joe Cornish

0
277

O director de Attack the Block, o inglés Joe Cornish, ven de recebir unha oferta para se encargar do relanzamento do mito de King Kong no filme Skull Island para a Legendary Pictures.

A história orixinal vai sobre o clásico gorila xigante e a súa vida nunha illa chea de monstros prehistóricos antes de que fora collido en catividade.

O guionista de Godzilla Max Borenstein escribirá o guión desta película, que foi anunciada a psada fin de semana no decurso da Conmic Con en San Diego. O filme conta con estrear-se en novembro de 2016.

Polo de agora, o vindeiro proxecto de Cornish é o filme da Universal Section 6 protagonizado por Jack O’Connell no papel dun veterán da Primeira Guerra Mundial na Rúsia de 1919.