A Warners fai-se cos Dragóns de Pern

0
269

A Warner Bros. fíxo-se cos dereitos para levar ao cinema a saga completa de 22 novelas fantásticas de Anne McCaffrey Dragonriders of Pern.

Publicadas por primeira vez en 1968, a história céntra-se nun grupode guerreiros e os seus dragóns telepáticos que tentan salvar o seu mundo natal, o planeta Pern, dunha terríbel ameaza voadora, unha choiva de esporas que orbitan ao redor da Estrela Vermella.

Polo de agora non hai ningún guionista vencellado a este proxecto, que xa tentou en 2011 dar o chimpo á pantalla grande da man de David Hayter, o autor do guión que ía ser desenvolvido daquela pola Copperhead Entertainment, a Dark Hero Studios e mais a Angry Films.