Dead Island prepara o chimpo ao cinema

0
235

A Occupant Entertainment e mais a Deep Silver van-se asociar para produciren conxuntamente unha versión cinematográfica da série de videoxogos Dead Island.

A saga de xogos está ambientada nunha paradisíaca illa durante unha contaxiosa vaga zombi. Aillados do resto do mundo, os xogadores deben protexer aos outros supervivintes e tentar escapar. O primeiro xogo da série vendeu mais de 8 millóns de cópias após do seu lanzamento orixinal.

Agárda-se que en breve anúncien o nome dun director que se encargue de sacar adiante o proxecto, que xa foi posto na vía rápida e que conta con estrear-se no primeiro cuarto de 2015. Nos vindeiros festivais de Berlín ou Cannes darán-se a coñecer mais detalles.

A Lionsgate tentara aló polo 2011 adaptar o xogo, pero o seu proxecto non puido saír adiante. Cando os dereitos regresaron ao editor do xogo, este chegou ao presente acordo coa Occupant.