Comeza a rodaxe de Alícia a Través do Espello

0
291

Esta semana dará comezo a rodaxe do filme da Disney Alice in Wonderland: Through the Looking Glass, a continuación do filme de Tim Burton de 2010 Alice in Wonderland que recadou mais de mil millóns de dólares nos despachos de billetes en todo o mundo.

James Bobin (The Muppets) encargará-se da dirección deste filme, que se rodará nos estudos Shepperton en Inglaterra e ten prevista a súa estrea para o 27 de maio de 2016.

Repregresan coma protagonistas Mia Wasikowska (Alice), Johnny Depp (O Sombrereiro Tolo), Helena Bonham Carter (a Raíña Vermella), Anne Hathaway (a Raíña Branca), Matt Lucas (Tweedledee e Tweedledum), Stephen Fry (o Gato Cheshire), Alan Rickman (a Lagarta Azul), Michael Sheen (o Coello Branco), Timothy Spall (Bayard), Paul Whitehouse (a Lebre) e Barbara Windsoe (o Rato).

Para esta segunda parte unirán-se ao grupo Rhys Ifans no papel do pai do Sombrereiro, Ed Speleers no papel de James Harcourt, Sacha Baron Cohen coma O Tempo e Toby Jones coma Wilkins.

A maioría da equipa de produción da primeira parte estará de volta, incluíndo á guionista Linda Woolverton, o compositor Danny Elfman, a deseñadora de vestiário Colleen Atwood, o supervisor de efectos especiais Ken Ralston e os produtores Joe Roth, Tim Burton e Jennifer e Suzanne Todd.