Orgullo, Prexuízo e Zombis, a rodar

0
254

Após de durmir nun caixón durante vários anos, a adaptación ao cinema da novela satírica de Seth Grahame-Smith Pride And Prejudice And Zombies está xa lista para tentar unha vez mais dar o chimpo ao cinema. De feito, seica está xa na liña de saída e semella que a produción mesmo pdoería escomezar dentro dun mes, cun reparto que estaría xa case pechado.

Bella Heathcote (Dark Shadows), Sam Riley (Maleficent) e Lily James (Downton Abbey) serán os protagonistas do filme, mentres ca Jack Huston (Boardwalk Empire) está en conversas para se unir ao reparto desta produción, que é unha versión con zombis do clásico de 1813 Pride and Prejudice da escritora inglesa Jane Austen.

Burr Steers dirixirá a película a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a David O. Russell. A Cross Creek Pictures fíxo-se cos dereitos de distribución en América, e o filme conta coa produción de Brian Oliver, Allison Shearmur, Sean McKittrick, Natalie Portman, Annette Savitch, Tyler Thompson e Marc Butan.

O proxecto pasou xa por moitas fases, durante as cales estiveron ao mando directores coma David O. Russell, Mike White e Craig Gillespie.