A directora de Frozen adapta A Wrinkle in Time

845

A co-directora de Frozen Jennifer Lee será a encargada de escribir o guión que adaptará á pantalla grande a clásica novela para adolescentes de 1962 A Wrinkle in Time da escritora Madeleine L’Engle, todo elo de novo para a Disney Pictures.

A história vai sobre uns nenos que viaxan no tempo e visitan mundos misteriosos co obxectivo de atoparen ao seu pai, un científico desaparecido.

Polo que se conta, seica Lee impresionou aos executivos da Disney coa súa visión do proxecto, no que destaca unha narración cun forte persoaxe feminino, todo elo nun ambiente de ciéncia-ficción e cos elementos do libro para construír o mundo.

Polo de agora non hai director vencellado ao proxecto, pero Jim Whitaker e Catherine Hand serán os produtores. Lee sustitúe a Jeff Stockwell, quen foi o primeiro en se encargar do guión cando se anunciou o proxecto aló polo 2010.