A Fox, coa Fundación de Nostradamus

0
310

A 20th Century Fox ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a série de novelas gráficas de Kody Chamberlain The Foundation.

No cómic, os libros proféticos de Nostradamus convertiron ao seu autor, Michel de Nôtre-Dame, nun home moi rico, quen aproveita a súa fortuna para crear unha fundación coa que tentará evitar que os desastres que el mesmo profetizou se convertan en realidade.

O cómic céntra-se nunha equipa de axentes secretos nos nosos días, encargados de usar as profecías publicadas e as non publicadas para evitar as ameazas ao noso mundo.

O guionista de Teenage Mutant Ninja Turtles e Divergent, Evan Daugherty, está vencellado ao proxecto para escribir o argumento deste filme, que producirán Ross Richie, Stephen Christy e Adam Yoelin.

O proxecto estivera até agora nas mans da Paramount, que mercou os dereitos en 2007 pero non puido leva-lo adiante.