O regreso das Crónicas do Vampiro

0
259

A Universal Pictures, a Imagine Entertainment e mais o produtor Brian Grazer fixéron-se cos dereitos para o cinema sobre a saga de novelas de Anne Rice The Vampire Chronicles.

O acordo inclúe as once novelas da série de Rice: Interview with the Vampire, The Vampire Lestat, The Queen of the Damned, The Tale of the Body Thief, Memnoch the Devil, The Vampire Armand, Merrick, Blood and Gold, Blackwood Farm, Blood Canticle e Prince Lestat, recén publicada este ano.

Os libros céntran-se na figura do nobre francés do século XVIII Lestat de Lioncourt, quen se converte nun vampiro. O primeiro libro xa foi adaptado ao cinema no filme de 1994 dirixido por Neil Jordan e protagonizado por Tom Cruise e Brad Pitt, que se converteu nun grande éxito.

Partes do segundo e do terceiro tomos foron logo combinadas para produciren a película de 2002 Queen of the Damned, protagonizada por Stuart Townsend e mais a defunta Aaliyah, pero esta secuela tivo menos éxito.

O dúo responsábel de Transformers e Star Trek, Alex Kurtzman e Roberto Orci, serán os encargados de producir este novo proxecto vampírico.