Aquaman ten dous guionistas

0
226

Os guionistas de 300: Rise of an Empire, Kurt Johnstad, e mais o de Gangster Squad, Will Beall, veñen de seren contratados para se ocuparen do libreto dun filme que protagonizará en solitário o heroe da DC Comics Aquaman para a Warner Bros. Pictures.

O curioso do caso é que unha fonte interna asegurou que non van colaborar para escribiren un só, senón que escribirán candanseu guión, para que os estudos decidan cal das dúas versións é a millor. Polo de agora non hai datas de estrea fixadas para este filme.

O actor de Game of Thrones e protagonista da fallida Conan Jason Momoa fora previamente vencellado ao papel este ano, pero após dos primeiros rumores que afirmaban que aparecería nun cameo en Batman v Superman: Dawn of Justice, evitou responder á pregunta de se faría o papel mais adiante ou non.