A família e a amigos do lendário actor Robin Williams, quen finou o pasado 11 de agosto aos 63 anos de idade, están aínda a se reuniren en San Francisco, onde probábelmente terá lugar o seu funeral, que será “pequeno” porque tanto Robin coma a súa muller eran “xente moi reservada“, segundo dixo un voceiro.
O actor, que foi atopado morto na súa casa en Tiburon, Califórnia, suicidou-se por mor de problemas relacionados cunha depresión que sofría dende había anos. Asemade soubo-se que padecía os primeiros síntomas da enfermidade de Parkinson. A família solicitou respecto pola súa privacidade durante estes intres tan difíciles.
Williams, un dos grandes actores e cómicos dos últimos tempos, foi un grande afeccionado ao cinema fantástico, do que nos deixou grandes mostras en Hook, Bicentennial Man, Jumanji, Popeye ou Flubber. O seu derradeiro filme, Night At The Museum: Secret of The Tomb, está ainda en post-produción. A súa voz inconfundíbel pode oír-se en multitude de filmes e séries de televisión, onde dobrou a moitos persoaxes: Happy Feet, Robots, A.I. Artificial Intelligence, Aladdin…
Robin deixa viúva, Susan Schneider, de 50 anos, e tres fillos de anteriores matrimónios, Zak, Zelda e Cody.