Sturgess e Cornish, atrapados nun xeotrebón

0
268

Jim Sturgess, Abbie Cornish, Ed Harris e Andy Garcia están a negociar a súa incorporación ao reparto de actores onde xa se encontra Gerard Butler para a vindeira película de aventuras e ciéncia-ficción de Dean Devlin, Geostorm, que producirán a Warner Bros. Pictures e a Skydance.

Butler interpretará a un encantador pero terco deseñador de satélites quen, cando comecen a fallar os satélites que controlan o clima da Terra deberá traballar conxuntamente co seu irmán (Sturgess), con quen non se levaba ben, para salvaren ao mundo dunha xigantesca tormenta xerada polo home.

Mentres o deseñador viaxa ao espazo, o seu irmán descubre un complot para asasinar ao Presidente (Andy Garcia). Cornish será a moza de Sturgess, unhaaxente do servizo secreto, e Harris interpretará ao Secretário de Estado.

Devlin, Kieran Mulroney e Michelle Mulroney escribiron o guión deste filme, que comezará a se rodar en outubro en New Orleans.