Jungle Book: Origins, cheo de estrelas

0
226

Tan só un día despois de que se dera a coñecer que Benedict Cumberbatch interepretaría ao malvado tigre Shere Khan no film, a Warner Bros. Pictures publicou a listaxe completa da adaptación ao cinema do clásico libro de Rudyard Kipling The Jungle Book, que dirixirá Andy Serkis.

Serkis, Christian Bale, Cate Blanchett, Naomie Harris, Eddie Marsan, Tom Hollander e Peter Mullan unirán-se a Cumberbatch e mais á xoven estrela de Bad Words Rohan Chand nesta película que empregará unha mistura de captura de imaxes, animación xerada por computador e acción real.

Jungle Book: Origins vai sobre un neno orfo criado polos lobos e que se fai amigo dun grupo de animais da selva que o axudan a medrar. Callie Kloves escribiu o guión, que producirá Jonathan Cavendish. O reparto completo é o seguinte:

Christian Bale coma Bagheera a panteira
Cate Blanchett coma Kaa, a serpe pitón
Rohan Chand no papel do neno Mowgli
Benedict Cumberbatch coma Shere Khan o tigre
Naomie Harris coma Nisha a loba
Tom Hollander coma Tabaqui o xacal
Eddie Marsan coma Vihaan o lobo (e compañeiro de Nisha)
Peter Mullan coma Akela, o líder da camada de lobos
Andy Serkis coma Baloo o urso

O proxecto será o primeiro filme que dirixe Serkis, pero tamén é a primeira vez que Bale empresta a súa voz a un persoaxe de animación dende que en 2004 o fixera en Howl’s Moving Castle.

Agora que o reparto está completo, agárda-se que a rodaxe poda escomezar axiña, para adiantar aos seus competidores da Disney, quen están a facer outra película cos mesmos persoaxes e que dirixirá Jon Favreau.