Cando á penas chegou á primeira metade da súa primeira tempada, a canle FX ven de renovar oficialmente para un segundo ano á súa série de vampiros The Strain.
O programa é actualmente o que conta con mais espectadores nesta cadea no sector de entre 18 a 49 anos e o seu primeiro episódio acadou o récord de mais televidentes na história da FX cun total de 12,7 millóns. Tamén é o primeiro intento que fai a FX por emitir un programa durante a competidísima grella da tarde do domingo.
Guillermo del Toro e Carlton Cuse producen a série, que explora o brote dun virus vampírico en Manhattan após da misteriosa chegada dunha caixa nun avión de pasaxeiros. A série está baseada nunha triloxía de libros que escribiron del Toro e Chuck Hogan e podería contar cun total de entre 3 e 5 tempadas dependendo do éxito que teña a história.
A segunda tempada contará on outros 13 episódios e debutará o verán do ano que ven.