Greer, Slattery e T.I., en Ant-Man

0
277

Após dun tweet do director Peyton Reed, a Marvel Studios apresurou-se a emitir un comunicado de prensa anunciando o comezo da produción do seu novo filme de superheroes Ant-Man. A nota de prensa conta cunha nova sinopse, pero a nova mais interesante é a chegada de novos actores secundários.

Así, a estrela da série Mad Men John Slattery regresará ao papel do pai de Tony Stark, o industrial Howard Stark, que xa interpretou en Iron Man 2. Ademais, aparecerán a protagonista de Archer Judy Greer, o actor de Boardwalk Empire Bobby Cannavale, o rapeiro reconvertido a actor T.I., e mais a xoven actriz Abby Ryder Fortson, quen seguramente faga o papel de Cassie Lang (filla do persoaxe de Scott Lang, a quen dá vida Paul Rudd).

Para outros papéis ainda non especificados teremos a David Dastmalchian (The Dark Knight), Wood Harris (Remember the Titans) e Gregg Turkington (The Comedy). Todos eles unirán-se a un reparto odne xa figuran os nomes de Paul Rudd, Michael Douglas, Evangeline Lilly, Corey Stoll e Michael Peña.

A rodaxe escomezará en San Francisco antesde se mudar a Atlanta. A data de estrea está fixada para o 17 de xullo de 2015.