Seica Steven Spielberg está a desenvolver unha nova série de televisión baseada no seu filme de ciéncia-ficción de 2002 Minority Report, que adaptou o conto homónimo de Philip K. Dick. O guionista de Godzilla Max Borenstein escribirá este proxecto, que contará coa produción da Amblin Television.
Tom Cruise protagonizou aquel filme no papel dun oficial da división do Precrime, unha forza policial que usaba os poderes de tres videntes vencellados aos seus computadores para identificar e arrestar aos criminosos antes de que puideran cometer os seus actos. O seu persoaxe deberá fuxir cando sexa acusado de cometer el mesmo un crime no futuro.
Non se sabe se a sérir evitará os elementos de montaxe e conspiración a favor dun argumento mais amigábel para a televisión, enfocado nos procedementos da forza policial do Precrime, algo semellante á série Person of Interest pero con mais elementos de ciéncia-ficción.
Agárda-se que o mesmo Spielberg elixa o nome do protagonista da série, que contará co mesmo título do filme.