O cómic de Prometheus unifica catro universos

1333

A Dark Horse Comics está a facer esforzos por unir os universos á penas intercontectados das súas sagas de Alien, Predator, Aliens vs. Predator e Prometheus nun ambicioso cómic crossover.

Este mesmo mes arricará o proxecto con Prometheus: Fire and Stone, ambientado xusto despois dos acontecementos narrados por Ridley Scott no seu filme de 2013. No cómic, unha nova equipa diríxe-se a LV-223 a descubrir o destino da nave Prometheus, e alí atopan un terríbel mistério.

Os seguintes números deste ciclo de cómics serán Aliens: Fire and Stone, AVP: Fire and Stone e Predator: Fire and Stone. Cada grupo de cómics aparecerá en ciclos de 8 semanas, o que sinifica que haberá un novo cómic nos quiosques cada dúas semanas.

Cada unha das novas séries compartirá algúns conceptos, persoaxes e situacións, e cando cada ún dos catro tomos remate aparecerá un número especial para completar o arco argumental. O primeiro número aparecerá o vindeiro 10 de setembro.