The Omen prepára-se para a tele

0
363

A Lifetime ven de lle dar luz verde aos seis primeiros episódios dunha nova série de televisión titulada Damien, que contará coa produción do antigo showrunner de The Walking Dead, Glen Mazzara, e que versionará os clásicos filmes de terror da saga de The Omen.

Mazzara, Ross Fineman e mais Pancho Mansfield serán os produtores executivos desta série de terror sobrenatural, que escomezou no cinema aló polo ano 1976. A nova série ignorará as dúas secuelas orixinais, ainda que narrativamente tomará moitos elementos emprestados da segunda película.

Nesta versión, Damien Thorn xa medrou coma adulto e semella non se decatar das forzas demoníacas que o rodean. Enmeigado polo seu pasado, Damien deberá axustar-se ao seu auténtico destino, o de ser o Anticristo. O manager xeral da Lifetime, Rob Sharenow, dixo que Mazzara reinventou o persoaxe coma “un antiheroe sinistro e romántico“.

A série ten previsto comezar a se emitir en 2015.