Surveillance gaña en Sitges

0
236

SurveillanceSe hai vintedous anos era David Lynch quen gañaba con Veludo azul a María (así é como chaman á estatuíña que dan aos gañadores porque é unha reprodución da célebre androide de Metrópole) á Millor Película no Festival de Sitges, agora a sua filla Jennifer Chambers Lynch toma o relevo con Surveillance e logra tamén o máximo galardón do xurado.

Surveillance céntra-se no interrogatório que realizan dous recén chegados axentes do FBI, Bill Pullman e Julia Ormond, ás testemuñas dunha comisaría dunha pequena localidade de Nebraska. O obxectivo é tentar clarexar o caso dunha parella de asasinos en série que está a actuar na zona.

Cunha atmosfera enfermiza, uns persoaxes que agochan unha cara perversa e un xiro de 180 graos na parte final do filme, esta é a segunda fita de Jennifer Lynch, quen debutou fai quince anos coa pésimamente recibida por crítica e público A miña obsesión por Helena.

Entre o resto de triunfadoras desta edición estivo o filme de animación The Sky Crawlers, do xaponés Mamoru Oshii (Ghost in the Shell), co prémio á milljor música, o do xurado Novo (ex-aequo con Vinyan, de Fabrice du Welz), e mais o da crítica.

E ademáis, The Good, The Bad, The Weird, do coreano Kim Jee-won, levou-se dúas Marías, ao millor director e aos efectos visuais.

Brian Cox foi recoñecido coma millor actor polo filme americano Red e a danesa Senra Turan millor actriz por Fighter.

A desacougante Martyrs, do francés Pascal Laugier, que provocou vários mareos e algún vómito durante a sua proxección, colleitou o prémio á millor maquillaxe e mais o Méliès de Prata á millor produción europea fantástica do festival.

A cegas (Blindness), de Fernando Meirelles, outro dos títulos máis agardados desta edición, tivo que se conformar coa María ao millor deseño de produción, ainda que os espectadores lle deron, por votación, o Prémio do Público.