O actor e director inglés gañador dun Oscar Richard Attenborough finou o pasado domingo 24 de agosto aos 90 anos de idade.
Lord Attenborough vivía nun asilo para anciáns coa súa muller Sheila dende 2012, pero estaba confinado a unha cadeira de rodas dende que sofriu unha terríbel caída hai seis anos.
A carreira de Attenborough prolongou-se durante seis décadas. Ainda que os fans do fantástico sempre o relembraremos polo seu papel do billonário John Hammond na saga de Jurassic Park, tamén apareceu en filmes coma Flight of the Phoenix, Miracle on 34th Street e Doctor Dolittle, así coma no clásico filme de aventuras The Great Escape.
Coma director a súa grande obra foi a épica Gandhi, pero tamén realizou Chaplin, Cry Freedom, A Chorus Line e Shadowlands, baseada na vida do escritor de fantasía C.S. Lewis.
Attenborough deixa viúva a súa muller, coa que conviviu 74 anos, e coa que tivo tres fillos. A súa família, na que se inclúe o famoso naturalista Sir David Attenborough, agarda poder celebrar un funeral para os amigos e os fans en novembro.