A Sony Pictures e mais a Imagine Entertainment veñen de anunciar o comezo da produción de Inferno para o vindeiro mes de abril. Inferno será a terceira adaptación ao cinema dunha novela do autor de The Da Vinci Code e Angels and Demons, Dan Brown.
Tom Hanks repetirá o seu papel coma simbiólogo de Harvard Robert Langdon nun escenário ambientado en Itália. Nesta ocasión Langdon esperta nun hospital de Firenze con amnésia. Nun esforzo por recuperar a súa memória, alía-se cunha médica, e xuntos tentarán evitar que un tolo ceibe unha vaga mortal conectada dalgunha maneira á clásica obra do século XIV de Dante Alighieri Divina Commedia.
Ron Howard será outra vez o director e Brian Grazer o produtor. David Koepp, que escribiu o guión de Angels and Demons, tamén fará esta adaptación, que conta con poder estrear-se o 18 de decembro de 2015.