Volve o Grande Heroe Americano

0
244

A canle de televisión Fox ven de lle dar a luz verde á realización dun episódio piloto para a nova série que suporá o relanzamento da clásica comédia dos anos 80 The Greatest American Hero.

Os directores e guionistas de The LEGO Movie, Phil Lord e mais Chris Miller, serán os produtores executivos desta série de comédia e acción dunha hora xunto á directora Tawnia McKiernan, filla do produtor da série orixinal, o lendário Steven J. Cannell.

Rodney Rothman, que traballou no guión de 22 Jump Street con Lord e Miller, escribirá o libreto, que narra as aventuras dun tipo normal, un profesor de escola chamado Isaac, e de como descubre un misterioso traxe de superheroe que lle dá poderes extraordinários.

Desgrazadamente para Isaac, axiña perde as instrucións de manexo do traxe e deberá aprender como usa-lo mediante a técnica de proba e erro. Ademais, deberá tratar cun axente do governo que ten unhas ideias de para que hai que usar o traxe moi diferentes ás súas.

William Katt e Robert Culp foran os protagonistas da série orixinal, relembrada pola súa famosa canzón Believe It or Not.