O Ministro da Arte do governo federal australíán, George Brandis, anunciou oficialmente o acordo polo que fornecerá á Disney con 15,6 millóns de euros en incentivos fiscáis para poder albergar a rodaxe do filme Pirates of the Caribbean: Dead Men Tell No Tales no seu país.
A Disney xa chegara a un acordo anteriormente para rodar o filme de David Fincher 20,000 Leagues Under The Sea, pero ao final o proxecto foi esquecido. Algúns rumores apuntan a que están tentando revivi-lo, pero polo de agora van-se contentar coa quinta entrega da saga dos Piratas. De feito, seica confirmou-se que este acordo non é realmente novo, senón que é unha extensión do anterior, para que en vez de incentivar a rodaxe do filme de Fincher, a beneficiada sexa a quinta dos Piratas.
Nun comunicado, Brandis declarou: “O Governo está encantado de aprobar o requerimento da Disney para facer posíbel a entrega de fondos adicados á produción de Pirates of the Caribbean 5. Calquera decisión de rodar producións en Austrália (coma 20,000 Leagues Under the Sea ou Pirates of the Caribbean 5) é unha estratéxia comercial da Disney“.
A Disney quería obter unhas aventaxes fiscáis que supuxeran alomenos o 30% do orzamento da rodaxe en Austrália. Dado que o presuposto do filme vai chegar aos 154 millóns de euros, agárda-se que os estudos aínda queiran negociar cos diferentes governos rexionáis australiáns para acadar mais finanzamento.
En todo caso, a decisión final de onde se rodará o filme non está tomada. A Disney continúa a considerar a rodaxe en diferentes localizacións, incluída México, para comezar a produción en 2015 e poder estrear en 2017.