Cómo sobrevivir ao holocausto nuclear

0
265

A Landscape Entertainment Television e mais a Entertainment One Television van-se asociar para desenvolver un novo proxecto de série baseada no vindeiro libro do editor da revista Washingtonian, Garrett Graff, Raven Rock: The Inside Story Of The U.S. Government’s Secret Plan To Save Itself – While the Rest Of Us Die.

A história explorará a lenda urbá dos supostos esforzos secretos do governo americano para se asegurar a supervivéncia e mais a “continuidade do governo” no evento de que a meirande parte dos líderes do país morran a causa dun ataque nuclear dos rusos.

Raven Rock sería daquela unha enorme instalación militar subterránea en Pennsylvania que serviría coma centro de mando do governo americano no caso dun ataque nuclear.

Bob Cooper, Tom Patricia e Tyler Mitchell serán os produtores executivos da série.