De Gollum a Haddock, en Tintín

0
250

Andy Serkis caracterizado coma GollumAndy Serkis, o actor que deu vida ao malvado Gollum na triloxía do Señor dos Aneis de Tolkien, comprometeu-se con Peter Jackson para interpretar ao Capitán Haddock nunha vindeira adaptación de Tintin.

Steven Spielberg e Peter Jackson unirán-se para dirixir e producir tres fitas seguidas baseadas no popular persoaxe dos cómics para a Dreamworks. Os dous cineastas dirixirán alomenos unha película cadanseu, pero o estudo non comentou quen sería o posíbel terceiro encargado.

Tintin é un proxecto moi querido por Spielberg dende hai tempo. Éste tentara obter os dereitos cinematográficos da obra de Georges Remi (Hergé) durante máis de 25 anos, obxectivo que acadou só recentemente. Con isto conseguido, Spielberg, Jackson e a Dreamworks comezaron xa a desenvolver o proxecto dunha maneira moi silandeira.

Os tres filmes serán producidos totalmente en 3D e sería usada a ténica do performance capture usada en fitas coma Monster House. Para elo, a WETA Digital de Peter Jackson produciu un rolo de proba de 20 minutos que tiña coma fin traer á vida aos persoaxes de Tintin. “Queremos que as aventuras de Tintin teñan a realidade dunha película de acción real, pero Peter e mais eu sentimos que roda-la da maneira tradicional non lle faría honra aos característicos persoaxes e ao mundo que Herge creou“, dixo Spielberg.

Spielberg e Jackson seleccionaron tres histórias das aventuras de Tintin, que constan de 23 libros publicados entre 1929 e 1976.