Haberá dúas secuelas para Terminator

0
255

A Paramount ven de pechar dúas datas de estrea para dúas secuelas aínda sen título do filme Terminator Genisys, o vindeiro relanzamento da franquía de Terminator.

A produción de Genisys rematou hai un par de semanas e está proxectada para se estrear o 1 de xullo de 2015. O seguinte filme da nova triloxía estreará-se o 19 de maio de 2017, mentres có terceiro fará-o o 29 de xuño de 2018.

Debido á proximidade das datas de estrea da segunda e tericera partes, especúla-se coa posibilidade de que a Paramount queira rodar as dúas películas conxuntamente, pero polo de agora non hai confirmación de ningún tipo.

A Annapurna Pictures e mais a Skydance Productions producirán estes filmes e mais a série de televisión que interactuará coas películas. Non se sabe se o director de Genisys, Alan Taylor, tomará parte no proxecto das secuelas.