A secuela de Walking Dead, xa en marcha

0
243

A canle de televisión AMC ven de encargar oficialmente a realización dun episódio piloto para unha nova série que estará ambientada no mesmo mundo plagado de zombies da súa exitosa The Walking Dead.

O proxecto, aínda sen título, entrará en produción a finais deste ano e estará ambientado nunha localización distinta á da série orixinal. Tamén conterá un novo reparto de actores.

Robert Kirkman, Gale Anne Hurd e David Alpert serán os produtores executivos, mentres que Dave Erickson (Sons of Anarchy) será o showrunner. Kirkman e mais Erickson entregaron recentemente o guión do episódio piloto.

Pola súa banda, The Walking Dead regresará ás pantallas de televisión na súa quinta tempada o vindeiro 12 de outubro.