McTeigue dirixe a célula durminte álien

0
232

O director James McTeigue (V for Vendetta, The Raven) será o encargado de realizar o thriller de ciéncia-ficción Alien Sleeper Cell para a ScanBox Studios.

A história, segundo contan, será unha mistura de The Bourne Identity e mais a série de televisión The Americans, co escenário dunha invasión alieníxena. Morgan Davis Foehl (Blackhat) é o autor do guión.

Joe Gatta e Jovi Sighvatsson serán os produtores xunto á Prime Universe Films, propriedade de Adrian Askarieh.