A Sombra do Coloso, para Muschietti

0
288

O director arxentino Andrés Muschietti (Mama) será finalmente o encargado de adaptar ao cinema o aclamado videoxogo de Playstation Shadow of the Colossus para a Sony Pictures.

O xogo orixinal vai sobre un xoven que coida que a súa namorada morreu. Desesperado por face-la volver, intérna-se nunha terra prohibida e invoca a un demo capaz de resucitar aos mortos.

O prezo por trae-la de volta será que debe matar aos 16 colosos que controlan este mundo místico. O videoxogo recebiu moi boas críticas pola súa história e deseño e vendeu 2,7 millóns de cópias en todo o mundo.

Seth Lochhead (Hanna) escribirá o guión, mentres ca Kevin Misher e Barbara Muschietti serán os produtores. Josh Trank (Chronicle) era até agora o encargado de dirixir a película.