Luz Verde á invasión álien

880

A canle Syfy ven de lle dar a luz verde oficial á minisérie de seis horas Childhood’s End, baseada na novela homónima de 1953 de Arthur C. Clarke.

A história vai sobre unha pacífica invasión álien da Terra por parte dos misteriosos Señores Supremos, cuxa chegada supón o comezo de décadas de utopía baixo o governo indirecto dos extraterrestres, pero todo elo baixo o custe de perder a identidade e mais a cultura humáns.

Dave Howe, presidente da Syfy, dixo que o proxecto é o mais ambicioso da canle en moitos anos. Matthew Graham (Life on Mars, Ashes to Ashes) adaptará o libro para a pequena pantalla, mentres ca Nick Hurran (Sherlock) será o director.

Akiva Goldsman e Mike De Luca serán os produtores executivos.