Aínda que hoxendía todo o mundo o coñece coma o autor das novelas The Da Vinci Code e Angels and Demons que presentan a Robert Langdon coma persoaxe principal, Dan Brown tamén escribiu outras dúas novelas sen relación con Langdon.
O seu primeiro libro foi de feito un tecno-thriller titulado Digital Fortress ambientado ao redor da NSA, unha axéncia do governo americano adicada a protexer as comunicacións e os sistemas informáticos dos Estados Unidos.
Na novela, a NSA poúa un poderoso código capaz de penetrar en calquera computador chamado TRANSLTR e que pode craquear calquera código que se lle opoña. Isto é así até que aparece unha “fortaleza dixital”, un código escrito por un antigo empregado descontento. Este empregado tenta poñer á venda o algorito mo do seu código, e libera-lo no caso de que morra.
A equipa responsábel dos dous filmes anteriores baseados nas novelas de Brown está a desenvolver un proxecto de série de televisión baseado nesta primeira novela. A Imagine Entertainment de Brian Grazer e mais Ron Howard van-se asociar aoa 20th Century Fox para produciren un episódio piloto de Digital Fortress, que podería emitir-se a través da canle ABC.
Na adaptación para a televisión, un persoaxe semellante a Edward Snowden ameaza con facer públicos todos os segredos do governo e vende-los a quen lle ofreza mais cartos. A acción está protagonziada por unha criptógrafa e mais a súa equipa de élite encargados de deter ao hacker.
Josh Goldin e mais Rachel Abramowitz (Outlaw Country) escribiron a adaptación e serán os produtores executivos xunto ao mesmo Brown, Brian Grazer e Francie Calfo.