O actor Richard Kiel finou o mércores 10 de setembro á idade de 74 anos. O actor, que medía 2,19 metros de alto, fora ingresado nun hospital en Fresno (Califórnia) após de se fracturar unha perna a pasada semana. Kiel xa sofrira un accidente de automóbil en 1992, que afectou ao seu equilíbrio e obrigou-no a usar un bastón dende aquela.
Kiel protagonizou moitos filmes e séries de televisión ao longo da súa carreira, pero os fans do fantástico poderán relembra-lo polas súas aparicións en The Nutty Professor, The Man from U.N.C.L.E., The Greatest American Hero, Kolchak: The Night Stalker, The Wild Wild West ou The Twilight Zone.
Nun punto da súa carreira el e mais Arnold Schwarzenegger foran os candidatos a interpretar ao incríbel Hulk na série de televisión de 1977, e mesmo chegou a rodar o episódio piloto, pero ao final foi sustituído por Lou Ferrigno.
O seu papel estelar foi nombergantes o do mafioso de dentes de aceiro Jaws (traducido en España coma “El timurón“) nos filmes de James Bond que protagonizara Roger Moore.
Kiel fixo o papel no filme de 1977 The Spy Who Loved Me, aínda considerado coma ún dos millores da longa saga de 007. Orixinalmente morría, pero o seu persoaxe foi tan popular que decediron resucita-lo para repetir o papel en Moonraker, onde chegou a dicir a súa única liña de texto: “well, here’s to us“.
O plan era face-lo regresar no seguinte filme, For Your Eyes Only, pero os produtores decediron facer unha película un pouco mais séria após do xiro cómico que estaba a adoptar a saga do superaxente secreto, así que eliminaron a Jaws.