Ridley Scott volve á ciéncia-ficción

0
175

Forever warDespois de crear, con Alien e Blade Runner, dúas das millores obras mestras do xénero, o cineasta inglés Ridley Scott regresará á ciéncia-ficción con The Forever War (A guerra interminábel), adaptación da novela de Joe Haldelman.

Seica Scott quere rodar o filme dende hai máis de vinte anos, pero os problemas cos dereitos impedírono até de agora. O director dixo que “veño perseguindo o proxecto dende hai 25 anos, e o libro non fixo máis ca medrar dende aquela. É épica e ciéncia-ficción, cun pouco de A Odisea pero ao xeito Blade Runner“.

O libro trata sobre un soldado que combate no espazo durante uns poucos meses, pero ao regresar ao seu fogar pasaron várias décadas. A novela está inspirada nas experiéncias que viviron ao regresar aos Estados Unidos os veteranos de Vietnam.

Gañadora do prémio Nebula en 1975 e do Hugo en 1976, a novela tivo dúas secuelas, Forever Free e Forever Peace, e ademáis insiprou unha novela gráfica e mais un xogo de mesa.