O actor Chris Hemsworth fíxo-se cos dereitos para levar ao cinema a novela de Steve Earle I’ll Never Get Out of This World Alive e podería tanto ser o protagonista xunto a Laura Bickford (Traffic) coma o produtor da versión para a pantalla grande.
Benjamin Grayson adaptou o guión e fará o seu debut coma director desta produción independente, que vai sobre Toby “Doc” Ebersole, un home enmeigado polo espírito do cantante de country Hank Williams, quen foi o compositor e intérprete dunha canzón co mesmo título cá novela, e que finou misteriosamente en 1953.
A história comeza dez anos despois no distrito vermello de San Antonio (Texas) onde Doc realiza intervencións médicas ilegais a cámbio de poder pagar-se o seus chutes de morfina. Alí a pantasma de Hank visita decote ao protagonista para lle ofrecer os seus indesexados consellos.