Á parte da estrea da série Gotham esta semana, a Fox ven de lle dar luz verde a outro episódio piloto para unha adaptación á televisión dun persoaxe da DC Comics pola Warner Bros. TV.
Tom Kapinos (Californication) será o produtor executivo de Lucifer, baseada no persoaxe dos cómics que apareceu por primeira vez nas páxinas do lendário Sandman de Neil Gaiman antes de acadar unha série de seu na editorial DC Vertigo.
Nos cómics de Sandman, que recollen moitas influenzas do clásico Paradise Lost de John Milton, o fermoso anxo caído Lucifer Morningstar vai-se cansando de governar o Inferno e abandoa o su trono para vivir a eternidade nunha praia de Austrália Occidental.
A série de televisión baseará-se na série dos cómics Lucifer na que o anxo caído mudou-se aos Estados unidos e rexenta un exclusivo piano bar chamado Lux en Los Angeles.