Remake de Pedro e o Dragón

1116

Oakes Fegley (Fort Bliss) ven de se facer co papel de Pete no vindeiro remake do clásico familiar da Disney de 1977 Pete’s Dragon.

O filme orixinal ía sobre un neno cuxo millor amigo, Elliot, resulta ser un enorme dragón que só el pode ver. A história narra como escapa da súa casa, onde ten que soportar os abusos dos seus pais adoptivos.

No filme orixinal o dragón era de debuxos animados, pero neste remake será unha creación xerada por computador. Ademais, eliminarán-se todas as escenas musicais.

A actriz debutante Oona Laurence (Southpaw) terá tamén un papel, aínda por especificar. David Lowery (Ain’t Them Bodies Saints) será o director a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Toby Halbrooks.