O regreso de Danger Mouse á tele

0
252

O cómico inglés Alexander Armstrong emprestará-lle a súa voz á nova versión do clásico dos debuxos animados dos anos 80 Danger Mouse, que poderá ver-se na canle para nenos CBBC.

Armstrong unirá-se ao cómico Kevin Eldon, que fará do axudante de Danger Mouse Penfold, mentres ca Dave Lamb (Come Dine With Me) será o narrador.

Ademais, na série participarán Shauna MacDonald coma Profesor Squawkencluck, e Morwenna Banks facendo diversos papéis ao longo da série, que volverá á pequena pantalla en 2015.