Paranormal Activity 5, adiada e retitulada

0
346

A Paramount Pictures ven de adiar o lanzamento da quinta entrega da súa terrorífica saga de Paranormal Activity unha vez mais. As últimas novas dicían que a estrea sería o 24 de outubro, pero agora deberá agardar cinco meses até o 13 de marzo de 2015.

A película ademais terá un novo título, Paranormal Activity: The Ghost Dimension. Nesta nova data deberá competir contra as estreas de Cinderella (Disney) e Heart of the Sea (Warners).

A história nesta ocasión vai sobre unha família composta por un deseñador de videoxogos, a súa muller, o seu irmán pequeno e mais unha filla de seis anos, cuxa nova casa está enmeigada por un malvado espírito do alén.

Gregory Plotkin é o director a partir dun guión escrito por Jason Pagan e mais Andrew Stark. Polo de agora non hai confirmado ningún reparto.

Por mor deste cámbio, a Paramount tivo que mudar asemade a estrea da súa comédia Scouts Vs. Zombies, que pasa do 13 de marzo ao 20 de febreiro.