O meu nome é Bruno e son un profeta.
Este don foi-me pasado e a través del as forzas que rexen este mundo permitiron-me ter unha visión do futuro. Un fragmento. Eu vexo un home que corre, fuxindo. Fuxindo pola sua vida e a vida da sua filla. Viste uniforme militar e o casco azul da ONU. A Terra foi tomada polo lume e pasada pola espada. El lembra-se do dia no que sinais nos ceos apareceron por todo o mundo, esferas luminosas que desenvolveron traxectórias imposíbeis de describir para calquera artefacto terrestre. Todo o mundo marabillou-se ante a visión das esferas luminosas, principalmente despois de que comezaran a emitir melodias da mais alta beleza e complexidade. Os xenobiólogos, recén-descobertos do grande público, informaron de que era un tipo de comunicación e, despois de esforzos combinados de músicos e matemáticos, chegaron á decodificación da mensaxe: a nave-nai estava chegando. Os científicos non foron capaces de chegar a um consenso sobre desde cando a nave-nai estaba estacionada no lado oculto da Lua, ou como chegara até alá. Surgiron unha infinidade de teorías: os xornalistas explicaron o buraco de miñoca de Schwarzschild e a dobra espacial. Da enorme estrutura en forma de bumerán unha nave menor descendeu á nosa atmosfera. Non foi para New York, Los Angeles ou Washington, como nos filmes de Hollywood, tampouco a ningún dos BRICS ou algunha nación do vello mundo. A nave definiu a sua traxectória para a cidade sagrada de Xerusalem. E sobre o domo da rocha pairou por sete dias, sete dias que pararon o mundo, sete dias de suicídios e festas da fin do mundo, até pousar no aeroporto de Atarote, entre Xerusalem e Ramalá, e ser recebido por unha xunta transnacional de científicos e políticos, so a bandeira azul das Nacións Unidas. Os visitantes eran moi semelhantes aos greys, com grandes ollos inexpresivos e cabezas oblongas desproporcionais aos seus corpos de aparencia fráxil. Eles dixeron que proviñan do sistema Alfa de Auriga e traían paz e prosperidade. Trouxeran a cura para as nosas doenzas e máquinas capaces de facer de todo. Os seus robots espalláron-se por toda a Terra. Cada família do noso orbe recebiu ao menos un robot para desempeñar as suas actividades. Os visitantes informaron que boa parte dos cidadáns da Terra xa alcanzaran un estáxio de evolución mínimo para unha relación interspecies sustentábel, por iso estavan aqui, pero a raza humana deberia probar a sua boa fe para reciber as benzóns que soamente os visitantes poderian fornecer. Coa axuda dos greys, a humanidade daria un chimpo de centenas e centenas de ano na sua evolución. En realidade, afirmaron, sen a axuda dos científicos alieníxenas, en máis dun século o planeta comezaria a morrer por mor do uso desenfreado dos recursos naturais, e seria cuestión de tempo para que a humanidade desaparecese do Universo como poeira no vento. A raza humana deberia aceitar a axuda que lle era oferecida desinteresadamente ou pereceria. Os visitantes impuxeron como condición a creaçión dun governo mundial único. Após de deliberacións na ONU, as principais poténcias económicas e militares do mundo decidiron que so o manto azul da Organización das Nacións Unidas, esa Nova Orde Mundial estabeleceria-se nun sistema baseado no sistema de governo da Unión Europeia, cun Presidente rotatório e o establecemento dun consello decisório. Alguns países musulmáns rebelaron-se e declararon guerra contra a nova forza mundial. A III Guerra Mundial durou unha semana. Contra todas as potencias unidas, eses países non conseguiron suportar mais dese curto espazo de tempo. Algúns países foron arrasados, os seus governos depostos e esas nacións rebeldes desapareceron do mapa, substituídos por territórios numerados na orde alfabética dos seus antigos nomes perdidos. A antiga Arábia Saudí, por exemplo, pasou a ser governada por un presidente chinés e seu nome pasou a ser UN Territory #1, os Emirados Árabes Unidos, governados agora por un presidente ruso, pasou a se chamar UN Territory #6 e así por diante.
Aos cidadáns do mundo, foi-lles proibido o traballo, pois pasou a ser executado por robots controlados por microchips implantados na palma da man. Segundo os visitantes, a nova raza humana estava destinada a actividades recreativas, á filosofia e á relixión. A verdadeira relixión, que era capaz de unir a fe coa ciéncia sen conflito. Os homes das estrelas posuían o coñecimento do segredo da evolución das espécies no Universo e afirmaban desfrutar do contato co próprio rexente do Cosmos. A nova relixión foi implantada e en pouco tempo as igrexas, que xa andaban baleiras, foron destruídas polas máquinas alieníxenas e os cogumelos, como eles denominaban aos seus templos, foron erguidos. Construcións de marabillosa beleza que desafiaban o talento dos mellores arquitectos e enxeñeiros.
Os poucos que resistiron ao novo modo de vida foron marxinalizados. Sen robots e impedidos de traballar, en pouco tempo volvéron-se párias, incapaces de aceitar o progreso da humanidade. As transacións financeiras eram feitas através da Six-Wallet, un protocolo implantado nos robots. Algúns deses rebeldes conseguiron destruir os seus robots herméticamente fechados e denunciaron que as pezas no seu interior eran producidas na China. Pero cando todos queren acreditar que o milagre veu do espazo, non hai moita acollida para teorias da conspiración, ninguén mais acredita en Jesse Ventura.
Eu vexo o home correndo, puxando a filla da man. El sube por unha trilla de pedras no médio da mata, fuxindo da civilización e penetran nunha caverna. Tivo acceso aos documentos do G8, descobriu como esta farsa viña sendo planexada desde Roswell. Eles fixeran un pacto coas forzas da escuridade, entregando á civilización nunha bandexa em troques da tecnoloxia á que só os inmortáis tiñam acceso. A humanidade foi preparada para aceitar que os alieníxenas poderian-nos visitar e desvear-nos os segredos do Universo, aos cuais soamente unha civilización alieníxena avanzada teria acceso. As Nacións Unidas foron creadas despois diso e todo o taboeiro de operacións para o governo mundial foi preparado para o momento da III Guerra Mundial. Induciran no inconsciente coletivo a paranoia do quecemento global e da destrución do planeta inminente, todo orquestrado de maneira sutil e astuta. Os segredos da maquinária infernal que foran revelados apenas como un vislumbre á Sociedade Thule e aos enxeñeiros dos nazis, foi ensinada aos oito, que despois contaron coa axuda doutros países, coa ampliación do G8 ao G20. Com estes coñecementos, os chineses secretamente construíron as naves e a partir da sua estación espacial, prepararon o teatro ufológico que sorprendeu ao mundo no dia em que os visitantes chegaron.
Após da guerra, a raza humana nunca estivera tan unida. Os xoves marcaban encontros nas prazas e cantaban himnos á fraternidade universal. Imagine tornou-se a música símbolo dunha nova era, unha era onde non hai escasez, unha era na que a desigualdade social foi diminuída como nunca antes na história deste mundo. E cando todos atoparon que as benzóns remataran, as forzas infernais trouxeron a sua mais valiosa invención, a cereixa no pastel dun mundo mimado, a Nix. A droga perfecta, producia dende simple entorpecimento a alucinacións, sinestesia ou alteraciós do espazo-tempo, flashbacks e experiéncias místicas, pero nunha unha viaxe igual a outra. Non producia dependéncia ou efectos colateráis, ao contrário, mellorava a memória e a concentración, e era unha vaccina para as doenzas dexenerativas. Co Nix á venda na farmácia mais próxima, o mundo todo perdeu-se en festas rave interminábeis, mentres os robots producian mais do que calquera ser humano xamais produciu. O mundo gañou-se, mas os invasores, apesar do seu coñecemento superior non eran capaces de acrecentar nin un segundo mais na vida de ninguén e, así, no reloxo de area do tempo que fluía rápido como unha catarata, as almas humanas eran tragadas para o inferno.