Comeza a rodaxe do Mal Alleo

0
182

Oskar SantosEl mal ajeno, unha produción da Mod Producciones (Fernando Bovaira), Himenóptero (Alejandro Amenábar) e Telecinco Cinema, coa participación de Sogecable, será a primeira longametraxe do director bilbaíno Oskar Santos. A rodaxe se desenvólve-se en Madrid (España) xa dende o luns.

Eduardo Noriega (Abre os ollos) e Belén Rueda (O Orfanato), protagonistas de El mal ajeno, reúnen-se por primeira vez na pantalla grande após de colaboraren en diferentes filmes con Alejandro Amenábar pero non coincidiren nunca.

Xunto a eles, un reparto no que tamén figuran Angie Cepeda, Carlos Leal, José Ángel Egido, Cristina Plazas, Clara Lago, Luis Callejo, Chema Ruíz (O labirinto de Pan) e Marcel Borrás.

No filme, Diego é un médico tan acostumado a manexar situacións límite que se inmunizou ante a dór allea. O intento de suicidio de Sara, unha das suas pacientes, fará que o seu compañeiro sentimental sinale a Diego como responsábel directo do acontecido. Durante un desacougante encontro, Diego é ameazado cunha pistola. Horas despois, só lembra o són dun disparo e mais a extraña sensación de que recibiu algo máis ca unha bala.

El mal ajeno (O mal alleo) é un thriller psicolóxico con elementos fantásticos cuxo guión asinou Daniel Sánchez Arévalo. Na equipa técnico están Emiliano Otegui coma director de produción, José Inchaústegui na diercción de fotografía, Isabel Viñuales coma directora artística e Ricardo Steinberg coma responsábel de són. A música estará composta por Fernando Velázquez.

Telecinco Cinema é a filial cinematográfica da canle de televisión Telecinco, que tamén produciu O Orfanato de Juan Antonio Bayona e mais O labirinto de Pan, de Guillermo del Toro.