O meu corazón é unha ecuación cuadrática

1904

1. Brian

“Daquela, uh, Chrysanthemum, o que estás a facer?”

“Ciéncia. Xa sabes… cousas científicas. Son unha científica.”

“Iso… non é moi específico.”

“Ben, é que é ben difícil de explicar,” dixo Chrysanthemum. En verbas que poidas entender engadiu para si mesma.

Utilizou o acougo na conversa para sacar un boli do peto. Sen se decatar, garabullou o interior dun foguete de hidróxeno nunha servilleta de cóctel. Era un bonito restaurante, podía conceder-lle iso. El mesmo pedira viño. Derrochador. Engadiu unha aleta extra ao seu esquema, por estabilidade.

El rachou o silenzo. “Chrysanthemum é un nome inusual.”

“O crisantemo pertence á família dos Asteraceae e ven-se cultivando en Xapón dende hai mais de 2.000 anos.”

Brian tusiu e mirou para a mesa, calado unha vez mais.

Cala a boca, pensou ela, así non é como fala a xente normal.

Botou-lle miradas rápidas, cos ollos chimpando entre a súa face e o boli na man. Ben aseado, co pelo moreno curto. Polo seu xeito cuidadoso, supuxo que non-o mantiña curto por comodidade, coma facía ela co seu própio pelo curto negro. El era mais alto ca ela, pero é que ela era pequeniña. A súa nariz era un pouco grande de mais, pero semellaba un tipo agradábel. Sería probábelmente unha parella xenética adecuada, se non lle importase a fala barata.

El respirou e meteu baza de novo.

“Viviches sempre na cidade?”

“Si,” replicou ela sombría. Isto é intolerábel. Como fai isto a xente?

Esta vez o silenzo alongou-se mais e mais, coma o tempo nun burato negro mentres se achega á singularidade. A súa mente acariñou algo que dicir.

“Creei unha arma baseada na enerxía nuclear,” espetou ela.

Brian ergueu a man.

“A factura, por favor!”

 ###

 “Chyrs, ruliña, só precisas relaxar-te un pouco! Deixa que as cousas acontezan naturalmente.”

“Nai, sabes que ódio que me chames así. E eu o intento!”

“Es una rapariga intelixente e cualificada, que pdoe facer calquera cousa se fai o esforzo. Pero de feito que non has atopar a ninguén neses pratos de Petri teus.”

Como se non-o souber, pensou Chrysanthemum. Un pequeno troco nun xen ten consecuéncias imprevistas por todo o xenoma. Se cadra, se puidera comprender a estrutura de…

“Non deixes que che amole, cariño. Se non tes éxito á primeira, tenta e tenta outra vez!”

“Escoita, ímo-lo deixar. Como está pai?”

“Está marabillosamente cariño. A xente da Sunny Outlook son moi bós con el. Escoita, recordas esa vez que apagaches toda a rede eléctrica de médio Estado? De calquera maneira, o que quero dicir é que, sempre foches moi boa coas computadoras. Tentaches un servizo de citas por Internet?”

Chrysanthemum colocou-se ben as gafas e fregou a ponte do nariz.

 ###

 2. Chet

“…e a señora tomará langosta.”

Chet pechou o seu menú e entregou-llo ao camareiro sen mirar para el. Sorriu engreído a Chrysanthemum e fixo coma que comprobaba a hora, para que se vi-se millor o seu caro reloxo.

Nunca pensei que desexaría ser alérxica ao marisco, pensou sombriamente Chrysanthemum.

“Daquela, Chrys,…”

“É Chrysanthemum,” interrumpiu ela.

A súa dentadura perfecta relostrou. “Non me digas. Entón, o que dicías que fas? Es secretária ou algo así? Enfermeira?”

Chrysanthemum pechou forte os dentes.

“Levo a cabo experimentos científicos para obter conecemento de teorías que uso para crear dispositivos que alteren o actual orde mundial, para o cal planeo crear unha oportunidade onde eu poida tomar o control.”

“Mmm hmm,” aceptou Chet, mentres miraba mensaxes de texto no seu teléfone.

É desprezábel, coidou Chrysanthemum. Desprezábel e prezoso. Non iría a ningures sen esa fermosa face. Debería cambiar-lla, para lle dar unha lección. Ainda que sería un prexuízo para os ollos das mulleres de todo o mundo.

“Teño un dispositivo de control mental!” exclamou ela.

“Todas as mulleres o teñen,” dixo Chet, e sorriu suxestivamente.

 ###

 “Leváche-lo a casa contigo?”

“Mira nai, unha muller ten necesidades. Neste caso, eu rpecisaba un cerebro para o meu robot.” Non é que el puidera fornecer moito diso.

“Oh cariño, estou tan contenta por ti! Coidas que isto podería funcionar?”

“Mamá, xa che dixen que ese tío é un capullo.”

“Non digas iso cariño. Hai cualidades positivas en todo o mundo, unha vez os chegas coñecer.”

“Non neste tipo. Téño-o xusto aquí, se queres falar con el. Só teño que axustar os seus circuítos de voz…”

“É probablemente un pouco demasiado cedo para min para falar con el. Agora escoita, toma as cousas con calma, non queres asusta-lo…”

 ###

 3. Chet.2

Chrysanthemum rematou de acender as velas no médio da mesa. Sentou e puxo viño nas copas. O mantel branco lucía inmaculado contra o telón de fondo do aceiro e a pedra do que estaba feito o seu laboratório.

“Todo semella encantador!” dixo Chet.2. “Esta é a cita mais agradábel que tiven nunca na prisión.”

“Podería ter-te matado simplemente, xa sabes. Aínda podo.”

“Por sorte para min, os robots son os teus fetiches.”

“Se iso fora certo, podería programar ún. Alomenos podería obrigar-lle a me amosar algún respecto.”

Chet.2 mirou xenuinamente desconcertado, ou alomenos un foco de luz acendeu-se por riba da súa bulbosa cabeza.

“E por que non-o fixeches? Obviamente poderías.”

Chrysanthemum suspirou.

“Non quero un robot. Quero un compañeiro. Alguén con quen compartir cousas. Alguén que poida pensar. Ti es o mais próximo a iso que teño.”

Chet.2 fixo un són entre engranaxes xirando e un bufido.

“E unha merda. Atópas-me tan irresistíbel que queres gardar-me para sempre.”

Esquecéndo-se na súa petuláncia, Chet.2 ergueu a súa copa de viño cara a onde debían estar os seus beizos e rachou-ma contra a a súa enorme face de metal. Sorprendeu-se, pero non podía estar ferido.

Chrysanthemum mirou o viño vermello manchando o limpo mantel branco.

Abondou, pensou. O fondo do pozo. Cero Kelvin.

 ###

 4. Albert

“O teu perfil online di que te interesa a ciéncia?” preguntou Albert.

Semellaba nervoso. Ía ridículo, demasiado elegante para o restaurante informal de bárrio no que escolleran atopar-se. Semellaba tan zoupón e fóra de lugar coma puidera ser posíbel. Todo nel prácticamente berraba, “Nunca tiven unha cita antes!” Chrysanthemum preguntou-se se a súa mamá lle fixera o nú da garavata. En realidade, sentía-se mal por el.

A única pola que me sinto pior é por min.

“Mira, Al…”

“Uh, é Albert en realidade.” Soltou unha risiña de vergoña. “Albert Einstein Berkowitz.”

“De verdade os teus pais chamáron-te Albert Einstein??” Meu deus, iso explica moitas cousas.

Ainda mais avergoñado pola súa incredulidade, sentou-se cara atrás en silenzo. Chrysanthemum xogou co seu vaso de auga e evitou o contacto cos ollos.

Onde diaños está a factura? Isto foi pior mesmo do que coidaba que sería.

O reloxo ralentizou-se a un paso de tartaruga. A tensión no aire medrou até que precisarías un láser industrial para curta-la.

“Teño un xerador de campos de invisibilidade!” soltou de súpeto Albert.

Chrysanthemum mirou para el. Non semellaba que estivese a bromear.

“O que usas para curvar os fotóns de luz?”

“Gravidade. Cunha pequena reacción nuclear, podo crear un pequeno pozo de gravidade. Esa é a parte doada. Controla-lo é moito mais difícil. Por suposto, o xerador é demasiado grande nestes intres. Necesito miniaturizar a tecnoloxía…”

Pouco a pouco, toda a súa torpedade foi desaparecendo, coma restos caendo fóra de órbita ao redor dun planeta. Era coma ver unha persoa totalmente diferente. Chrysanthemum atopou-se inclinada cara el a pesar de si mesma.

“O que vas facer con el?”

Iso devolveu-no á normalidade un pouco.

“Uh, xa sabes. Ciéncia… cousas. Cousas do tipo persoal.” Tusiu e marmurou, “Xa sabes, tomar o control de governos importantes e somete-los á miña vontade.”

“Iso non é… a pior ideia que escoitei nunca.”

O lume interior volvera, brilando polos seus ollos.

“os políticos… simplemente o fan mal ás veces. Unha soa autoridade podería afectar tantos cámbios…”

Chrysanthemum entrou. “O mundo é un lugar terríbel. Estarías tolo se non quixeras governa-lo.”

Estaban inclinados cara ao outro sobre a pequena mesa para dúas persoas, tocándo-se cos dedos. O resto do restaurante só era un recordo.

Albert sorriu con agradecemento. “De verdade o pillaches, nonsí? A maioría da xente… non me entende ás veces. Non vou dando a correcta primeira imrpesión. Coma cando tes cinco anos e ves un cubo de Rubik por primeira vez e coidas que semella difícil.”

Chrysanthemum cobriu as súas mans coas dela e musitou sedutoramente, “Eu resolvi-no aos 3 anos.”

Albert tragou cuspe e mirou ao redor frenéticamente polo camareiro. Ao non ve-lo, deixaron cartos sobre a mesa e erguéron-se.

Chrysanthemum deslizou a súa man na del, achegou-se e susurrou, “A túa gorida ou a miña?”

 ###

 Por toda a cidade, mancheas de xente deixaban o que estaban a facer e saían, unha por unha, á rúa. Pisando comida e paquetes e sorteando coches abandoados polos seus donos, coas portas abertas, o motor encendido. Comezaron a camiñar cara ao Concello.

Sobre eles, Chet.6 berraba, lanzando lapas pola súa mochila foguete. Lanzaba lásers polos antebrazos, curtando un coche patrulla limpamente en dous.

Chrysanthemum e Albert monitorizaban-o todo dende unha nave prateada frotando moi alto sobre a cidade. A nave era unha enorme cúpula, tan grande coma un edifício de tres pisos. Ninguén notou a súa presenza, nombergantes, porque era completamente invisíbel.

“Quéro-te, Albert.”

Albert xirou-se para mira-la a través do cuarto de control. Chiscou-lle un ollo e lanzou-lle un bico antes de volver aos controis. O seu sorriso era coma nitróxeno líquido dando voltas sobre o seu corazón.

Chrysanthemum sorriu cun sorriso de seu, e ergueu o seguro do botón que ceibaría un ataque baseado en enerxía nuclear sobre vários obxectivos coidadosamente seleccionados.

Por primeira vez na súa vida, Chrysanthemum sentiu-se en paz.

 

# FIN #