Lumen, a nova série de Spielberg

900

A TNT ven de encargar a rodaxe dun episódio piloto para unha nova série de televisión de tema fantástico titulada Lumen e que será producida pola Amblin Television de Steven Spielberg. O director de Captain America: The First Avenger, Joe Johnston, será o encargado deste primeiro episódio.

A história vai sobre unha famosa escritora dunha saga de novelas fantásticas, que de súpeto desparece xunto a unha família de catro membros, que son transportados ao místico mundo alternativo que inspirou o seu traballo.

Unha vez alí, son arrastrados ao médio dunha guerra que enfronta ás forzas máxicas da luz e da escuridade. Co perigo axexando tras cada recuncho, a família debe resolver un complicado mistério para atopar o camiño de volta á súa casa.

Chris Black (Mad Men, Desperate Housewives) escribirá o guión e será o produtor executivo xunto a Darryl Frank, Justin Falvey, James Frey, Todd Cohen e mais o mesmo Joe Johnston.