A Spike TV e mais o co-produtor executivo de Game of Thrones Vince Gerardis van-se asociar para desenvolver unha série de televisión baseada na clásica triloxía de novelas de Kim Stanley Robinson Mars.
A saga de ciéncia-ficción, composta polos libros Red Mars, Green Mars e Blue Mars, narra as aventuras ao longo de dous séculos de asentamentos no planeta e a súa terraformación a través dos persoais puntos de vista dunha ampla série de persoaxes.
Robinson participará como consultos da série de televisión, que se centrará na pregunta clave das novelas: o que sinifica ser humán cando xa non haxa Terra?