Xavier Samuel é o novo Frankenstein

0
260

O actor australián Xavier Samuel (Twilight: Eclipse) interpretará a un Frankenstein actualizado aos nosos días na cidade de Los Angeles, nunha nova versión da clásica novela de terror de Mary Shelley para a produtora Bad Badger.

Danny Huston e Carrie-Anne Moss interpretarán a Victor e Elizabeth Frankenstein, unha equipa composta por un matrimónio de excéntricos científicos que crean ao monstro Adam, unha creatura enfrontada ao medo, á agresión e á violéncia do mundo que o rodea.

O director de Candyman, Bernard Rose, será o encargado deste filme, baseado nun guión que el mesmo escribiu. O protagonista daquel filme clásico, Tony Todd (quen fixo do mesmo Candyman), terá un papel nesta nova película.

Gabriela Bacher, Heidi Jo Markel, Jennifer Holliday Morrison, Christian Angermayer e Klemens Hallmann serán os produtores.