Shatner confirma que volve a Star Trek

0
268

Após duns primeiros intres nos que o negara todo, confirmou-se finalmente que William Shatner repetirá o seu papel de Capitán Kirk na vindeira entrega de Star Trek, nun papel que polo de agora semella que só será un cameo.

O co-guionista e probábel director, Roberto Orci, non quixo discutir verbo do papel de Shatner, quen após de negar esta posibilidade no seu Twitter, cambiou por completo o discurso e nunha convención celebrada esta fin de semana en Nashville (Tennessee) dixo que o produtor J.J. Abrams chamára-o persoalmente para lle informar de que o director de Star Trek, tivera unha ideia sobre a súa participación. Shatner dixo que depende do que fagan co persoaxe, pero que en princípio está encantado.

Nun primeiro intre prometera manter o segredo, pero logo decatou-se de que era inútil nega-lo: “así que as novas son que (os produtores da película) tiveron a ideia de que me queren a Leonard e mais a min nela. Pero a min encantaría-me face-lo. Pero como me vas poñer cincuenta anos mais tarde no filme? Quero dicir, como o racionalizas? Xa sei que é ciéncia-ficción, pero mesmo así non podo imaxinar unha ideia. Así que estas son as novas“.

Orci, Patrick McKay e J.D. Payne completaron recentemente o guión para o filme, que comezará a se rodar o ano que ven coa vista posta nunha estrea no verán de 2016.