En marcha a secuela de Zombieland

0
321

Após dalgunhas dúbidas iniciais, seica a Sony Pictures decediu-se finalmente a resucitar á proposta de secuela para o filme Zombieland e xa contrataron para elo os servizos do guionista Dave Callaham (Godzilla, The Expendables).

Agárda-se que Ruben Fleischer regrese coma director e que ademais supervise o guión. O libreto de Callaham para a vindeira adaptación ao cinema da novela de Jo Nesbo Jackpot atraiu a atención da Sony para Zombieland 2.

Polo de agora non se sabe que actores da primeira entrega poderían regresar, tendo en conta que as súas carreiras despegaron por todo o alto despois daquel filme, polo que non será nada doado contratar outra vez un elenco coma o composto por Jesse Eisenberg, Emma Stone, Woody Harrelson e Abigail Breslin.