Big de Tom Hanks será unha série da tele

0
248

Os produtores da recentemetne cancelada série de televisión Enlisted, Kevin Biegel e Mike Royce, van-se asociar unha vez mais para faceren outra comédia de média hora para a mesma canle.

Este novo proxecto estará baseado en Big, o clásico filme de 1988 protagonizado por Tom Hanks, e para o cal a parella escribirá un episódio piloto. A história estará “mais ou menos” baseada no filme, levando a acción até os nosos días.

O filme orixinal de Penny Marshall ía sobre un neno que lle pide a unha máquina máxica no parque de atraccións que desexa ser maior. Ao día seguinte esperta convertido en adulto (Hanks). Elizabeth Perkins, Robert Loggia e John Heard foron os outros coprotagonistas daquel filme.