Rama anula a súa cita

0
234
Cita con Rama
Cita con Rama

Segundo puido coñecer de primeira man o noso correspondente en San Francisco, o filme que estaba en preparación baseado na novela de Arthur C. Clarke Cita con Rama está oficialmente morto antes tan sequera de escomezar a súa produción.

Cita con Rama é un libro escrito en 1972 pola lenda da ciéncia-ficción Arthur C. Clarke que leva na axenda de moitos produtores dende hai anos. David Fincher era o director máis recente vencellado a este proxecto, pero este nunca se levará a cabo.

Fincher dixo ao noso correspondente que “seica nunca vai acontecer. Non hai guión, e coma sabes, Morgan Freeman non está no seu millor intre de saúde arestora. Estivemos tentándo-o facer pero probábelmente non vai acontecer“. Freeman era nestes intres o actor que ía protagonizar esta adaptación. Tomara interese polo proxecto en 2000 e estivo a tentar recadar fondos dende aquela, pero en agosto sofriu un grave accidente de coche e a súa saúde ficou moi deteriorada. O ano pasado, o actor confesara que “é un filme de ciéncia-ficción moi intelectual, un libro moi difícil de transladar ao cinema“.

Cita con Rama tería sido o primeiro proxecto de ciéncia-ficción de Fincher dende Alien 3. O libro vai sobre unha nave extra-terrestre de 48 kilómetros de longo que aparece no noso sistema solar no século XXII e sobre a tripulación que é enviada para investigar.