Série Web do xuíz Dredd

0
455

Os fans que ainda estaban a desexar unha secuela do filme de 2012 Dredd poderían ver cumpridos os seus soños, pero non do xeito que agardaban.

Vários xornais informan que o produtor executivo Adi Shankar está a traballar mais ou menso en segredo coa ideia dunha série Web online que sería un spin-off de Dredd e que aparecerá gratis a finais deste mes.

A mini-série será de sete capítulos e leva en produción os dous últimos anos, centrada non no mesmo xuíz Dredd senón nos xuíces escuros, un grupo de gardiáns da lei dunhs dimensión alternativa coñecidos pola rudeza coa que tratan aos criminais. O problema é que eles consideran que todos os seres vivos son uns criminais, e o único castigo aplicábel é unha morte brutal.

O proxecto en si mesmo foi realizado “fóra dos circuítos”, coma as anteriores dúas curtas de Shankar: Punisher: Dirty Laundry protagonizado por Thomas Jane e Venom: Truth in Journalism, con Ryan Kwanten.